Accessibility Tools

Skip to main content

Turgalicia presenta a aplicación de Pensións realizada por Bonaval

Turgalicia e o INE consideran a aplicación desenvolvida por Bonaval Multimedia como pioneira en todo o Estado español.

Coa presenza da Secretaria Xeral para o Turismo da Xunta, Carmen Pardo, e a secretaria xeral de Estadísticas de Empresa do Instituto Nacional de Estadística, Elena Rosa Pérez, foi presentada a ERP de Xestión de Pequenos establecementos hostaleiros que realizou Bonaval por encargo do Instituto de Estudios Turísticos de Galicia, recentemente absorbido por Turgalicia.

Como empresa especializada en turismo, congratúlanos a declaración da representante do INE, Elena Rosa Pérez, que destacou o seu carácter de “proxecto pioneiro no Estado” e o feito de que o software, realizado ao amparo do sistema de licenzas de software libre, distribúase nas principais cidades galegas a través dos colectivos do sector turístico que poderán aprender a empregalo e aplicalo nos seus negocios.

Concibido como unha ferramenta para persoas de escasos coñecementos informática, moi usable, e dirixido a un target concreto do colectivo de empresas hostaleiras de pequena dimensión, esta aplicación realizada por Bonaval, permitirá, en palabras de Carmen Pardo, aos hostaleiros “contar cun sistema de xestión sen realizar un desembolso económico porque non require pago de licenzas e non ter restricións para a súa modificación, porque é un sistema de código aberto que permite ao hostaleiro adaptar o dispositivo ás necesidades específicas da súa empresa".

Ademais, declara Turgalicia, é un código independente do sistema operativo que posibilita a xestión de todo o ciclo de vida da reserva, desde que o cliente chama ata a facturación final. "É sinxelo, áxil e intuitivo no uso, polo que se aprende deseguido, e facilita a coordinación con diferentes entidades e organismos estatísticos", engade o organismo galego.

Enlace á noticia en Turgalicia.