Solucións web para a alimentación e o conxelado
En Bonaval, como empresa especialista en páxinas web na cidade de Vigo, non somos alleos ás posibilidades de Internet no sector do conxelado e a alimentación. A cidade de Vigo é un referente en Almacenistas, Importadores, Transformadores e Exportadores de produtos do do mar, no conxelado, e na Pesca e Acuicultura, e Bonaval pretendemos servir como empresa auxiliar en Internet a este sector.
Cremos que a nosa solución pode contribuír a abordar o reto que supón resolver o proceso de modernización desigual que existe entre o corazón do negocio do conxelado e a súa presenza en Internet.
Cremos que podemos mellorar as páxinas web das empresas do conxelado e a alimentación en temas de mobilidade, estandarización e mercadotecnia en liña, e por iso puxemos en marcha unha tecnoloxía de portal web, dirixida especialmente que inclúe:
- Unha concepción de páxina web dirixida especialmente a alimentación e ao conxelado, especialmente orientada a empresas de import-export de produtos do mar, almacenistas, fabricantes e distribuidores de conxelado e alimentación.
- Unha páxina web que permite unha xestión simple pero avanzada do catalogo de produtos.
- Posibilidade de multidioma e deseño á carta de visibilidade internacional da web da empresa en caso de necesitalo.
- Un sistema de integración avanzado da páxina web da empresa nos grandes sistemas cartográficos, e en particular, en GoogleMaps.
- Web accesible desde todo tipo de navegadores.
- Interfaces web que permiten a visibilidade da páxina da empresa en todo tipo de dispositivos (Pc, Mac, tabletas gráficas, Ipad, e smarphones como Iphone, Android, Blackberry e outros.)
- Técnicas exclusivas para obter vantaxes da empresa no posicionamento natural en buscadores e web semántica.
- Posibilidade de incorporar sistemas de venda en liña, directa ou almacenista á páxina web da empresa
- Flexibilidade: posibilidade de integrar o deseño da súa presente web, e/ou as aplicacións de xestión da empresa (ERP e CRMs- Libra, Infohand, Sugar ...e outras)
Pensamos que unha coidada visibilidade en Internet, e a resposta ao fenómeno da mobilidade é unha necesidade; hoxe en día, un de cada cinco accesos a Internet faise a través de móbiles e contemplar estas circunstancias pode darlle vantaxes sobre a competencia.
Cremos que podemos ofrecer uns cocientes calidade-prezo sen competencia. Temos solucións desde 1.500 euros até onde se queira chegar en virtude de obxectivos.
Se vostede está interesado en modernizar este espazo da súa empresa, non dubide en porse en contacto connosco. Ofrecémoslles unha consultoría TIC do seu sitio web gratuíta e dámoslle recomendacións e orzamento sen compromiso algún.