Accessibility Tools

Skip to main content

Mapas e sistemas XIS

solutions sistemas

Deseño e/ou desenvolvemento de mapas XIS.

Levamos máis de 10 anos traballando e desenvolvendo mapas XIS.

Dispomos de solucións XIS moi competitivas. Trátase de solucións open source, de baixo orzamento, que non limitan o números de usuarios, respectuosas coas directrices do Open Geospatial Consortium (OGC) que están contrastadas polo mercado con máis de media ducia de implantacións, case todas feitas para o esixente mercado das administracións publicas. As nosas solucións son moi escalables realizamos desde pequenos XIS, a modo dos chamados Desktop XIS, ou mapas cognitivos de recursos, a plataformas que supón mapas temáticos dunha comunidade autónoma. Usamos mapas vectoriais de carga inmediata, e integramos solucións cartográficas propias coas Apis de Google Maps, ou Yahoo. E somos expertos no uso de diversos nomeclators que nos permiten abordar proxectos onde a toponimia esta suxeita á pluralidade lingüística.

Bonaval desenvolveu para o mercado español numerosas solucións de contornas XIS e CMS para a administración, Xunta de Galicia, Concellos, Deputacións, plans de excelencia turística... entre as que se contan o XIS do sistema de Información horaria da empresa pública de ferrocarrís, FEVE, dependente do Ministerio de Fomento, GALIMAP, XIS de administracións públicas da Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia, o Mapa Tecnolóxico de Galicia, da Consellería de Industria da Xunta de Galicia, e outros Sistemas de contidos sobre Sistemas XIS para proxectos turísticos de España e Portugal (Plans de Excelencia Turística, Proxectos Proder e Lider, e outros).

desenvolvemos un sistema XIS en Flash cando aínda non existía Google Maps. Este desenvolvemento foi utilizado para desenvolver o mapa tecnolóxico da Xunta de Galicia. Na actualidade tamén integramos os mapas en Google Maps para aproveitar o desenvolvemento e actualizacións feitas por Google, pero engadimos iconas personalizadas, información adicional, rutas, áreas, realidade aumentada con Street View... Desenvolvemos sitios e aplicacións web de mapas e XIS coa API 3 de Google Maps, Squema, PHP / MySQL, Google Earth, tecnoloxías AJAX, JQUERY, coas directrices do OpenGIS Project e baseándonos na ISO-3166 para a codificación de países, áreas y divisións. También implantamos compoñentes Joomla para a xestión de mapas XIS.