Accessibility Tools

Skip to main content

Sistemas expertos: Audiencias TV

Audiencias

Caso de éxito implantado na actualidade: AudímetroTV (Audiencias de TV)

Somos especialistas na métrica de audiencias e levamos doce anos realizando aplicacións de consultoría automática de audiencias para clientes do mercado español como Barlovento Comunicación, Grupo El Mundo, Vocento etc...

As nosas aplicacións como Audímetro TV, BLV imagen, BLV Mobile, ou Cuality Vídeo Share compiten neste esixente mercado, e son usadas por un centenar de empresas de comunicación, canles de televisión, ou produtoras para medir a súa presenza no espazo da comunicación audiovisual, dándose o caso que é o único software desta índole realizado por unha empresa española.

A xestión das audiencias de TV abordan o panorama nacional español, onde se teñen en conta cadeas nacionais, autonómicas e de pago. A aplicación realiza unha actualización de datos diaria, optimizada de tal xeito que permite ser das primeiras en mostrar os datos do día anterior. Entre algunha das súas características caben destacar:

  • Deseño de gráficas cualitativas e comparativas.
  • Sistema de comparación entre cadeas con imaxes ou vídeo con audio xunto cos datos minuto a minuto.
  • Informe enviado ao correo en PDF.
  • Guía de programación cualitativa (GPC)
  • Potente buscador de emisións con múltiples funcionalidades.

Ademais apuntar que esta aplicación está dispoñible tamén para ser consultada desde dispositivos móbiles, cunha web app desenvolvida baixo o nome de BLVMobile.