Accessibility Tools

Skip to main content

Bonaval estrea nova cara

WWW.BONAVAL.COM - Desenvolvida con html5 y css3.Bonaval estrea a súa nova fachada virtual. Tras os nosos últimos desenvolvementos e coa experiencia adquirida en novas tecnoloxías decidimos que a nosa principal carta de presentación en Internet sexa un reflexo destas novas capacidades, polo que temos o gusto de presentarvos o deseño da nosa nova web: www.bonaval.com. Rogámosvos que desculpedes a provisionalidade do noso site, pois seguimos en obras, pero esperamos que vos guste o nova formulación de deseño, que esperamos definir como limpo, sinxelo e eficaz.

Desenvolvemos o novo portal coa nova linguaxe HTML5 e utilizando a vangarda das follas de estilo con CSS3 para poder sacar o máximo partido no deseño, presentación e animación de contidos.

O novo deseño da web permite a navegación en calquera dispositivo, tablets ou móbil. O contido adáptase á resolución de pantalla, desde unha gran pantalla panorámica ata a pequena pantalla dun móbil, pasando por tablets, pdas e smartphones.