Skip to main content

Nova plataforma de intermediación turística da cidade de Pontevedra

Hoteis de Pontevedra on-line

Hoteis de Pontevedra on-lineVisit-Pontevedra implantou na súa web desde o 1 de Abril unha ferramenta para axudar aos usuarios a coñecer a oferta hostaleira da cidade, en concreto a dispoñibilidade e prezos dos hoteis en tempo real, facilitando ademais o primeiro contacto a través dun formulario directo entre o usuario e o hotel.

Esta ferramenta como a web ao completo foron elaboradas por Bonaval Multimedia, que xa levamos varias e profundas incursións no desenvolvemento do sector turístico, con aplicacións, webs e edición e produción de vídeos.

Esperemos que gocedes deste novo proxecto desde o outro lado tanto como nós o fixemos desde o noso, por iso invitámosvos a todos a coñecer www.visit-pontevedra.com.