Bonaval prepara o seu programa de xestión turística baixo licenza GPLv3
Concibida como un mini servidor, esta aplicación, que se pode descargar ou copiar ao computador, practicamente non necesita instalación; tan é así que é posible executala non só no computador senón que se pode traballar con ela en unidades de memoria ou pen drives.
O software de xestión dispón dun interfaz amable e sinxelo, que dispón de case todas as funcionalidades as complexas aplicacións ERP de hostalería, pero intenta operar dunha forma máis sinxela e intuitiva. O seu obxectivo é simplificar o traballo e oriéntase ao traballo cotián dos pequenos establecementos, nos que o nivel tecnolóxico dos seus xestores, correspóndese con persoas que non dispón de grandes coñecementos informáticos.
A aplicación permite personalizar e engadir os tipos de habitación de calquera tipo de establecemento, ao poder o hostaleiro, adaptar a aplicación ás singularidades do seu establecemento, tanto en número e características das súas habitacións como nos tipos de réxime.
De igual modo, permite xestionar reservas, bloquear habitacións, controlar os os check in-check out dos viaxeiros, tutelar de forma rápida o estado do seu establecemento mediante diferentes vistas de estado, ao estilo booking, tipo saba, que permiten incorporar ou dar de baixas reservas de forma simple e rápida, así como emitir facturas, controlar gasto de clientes... etc.
Ademais das funcionalidades habituais neste tipo de aplicacións, o soft de Bonaval ten algunhas vantaxes que o singularizan adaptándoo ao noso mercado, xa que non só facilita o traballo ordinario de calquera pequeno hotel ou pensión, senón que ademais xestiona de forma automática algunhas cousas que son auténtico quebradizo de cabeza para os pequenos establecementos, e que son de obrigado cumprimento legal como os informes do INE, como o mensual - XML - ARCE.ES, o semanal, PDF/HTML) e as fichas que diariamente se teñen que entregar á Policía Nacional, Informe M.I. (diario / policía).