Bonaval prepara o seu programa de xestión turística baixo licenza GPLv3
A aplicación de xestión turística desenvolvida integramente en Bonaval Multimedia para a xestión das pensións de Galicia por encargo do Instituto de Estudios Turísticos de Galicia, esta sendo agora documentada para preparar a súa distribución a nivel internacional baixo os termos da licenza GPLv3 de “Free Software Foundation”.
Concibida como un mini servidor, esta aplicación, que se pode descargar ou copiar ao computador, practicamente non necesita instalación; tan é así que é posible executala non só no computador senón que se pode traballar con ela en unidades de memoria ou pen drives.
O software de xestión dispón dun interfaz amable e sinxelo, que dispón de case todas as funcionalidades as complexas aplicacións ERP de hostalería, pero intenta operar dunha forma máis sinxela e intuitiva. O seu obxectivo é simplificar o traballo e oriéntase ao traballo cotián dos pequenos establecementos, nos que o nivel tecnolóxico dos seus xestores, correspóndese con persoas que non dispón de grandes coñecementos informáticos.
A aplicación permite personalizar e engadir os tipos de habitación de calquera tipo de establecemento, ao poder o hostaleiro, adaptar a aplicación ás singularidades do seu establecemento, tanto en número e características das súas habitacións como nos tipos de réxime.
De igual modo, permite xestionar reservas, bloquear habitacións, controlar os os check in-check out dos viaxeiros, tutelar de forma rápida o estado do seu establecemento mediante diferentes vistas de estado, ao estilo booking, tipo saba, que permiten incorporar ou dar de baixas reservas de forma simple e rápida, así como emitir facturas, controlar gasto de clientes... etc.
Ademais das funcionalidades habituais neste tipo de aplicacións, o soft de Bonaval ten algunhas vantaxes que o singularizan adaptándoo ao noso mercado, xa que non só facilita o traballo ordinario de calquera pequeno hotel ou pensión, senón que ademais xestiona de forma automática algunhas cousas que son auténtico quebradizo de cabeza para os pequenos establecementos, e que son de obrigado cumprimento legal como os informes do INE, como o mensual - XML - ARCE.ES, o semanal, PDF/HTML) e as fichas que diariamente se teñen que entregar á Policía Nacional, Informe M.I. (diario / policía).