Accessibility Tools

Skip to main content

Turismo: Portais, CRS, ERP

AirplaneEspecialistas no deseño e desenvolvemento de portais web modulares para o sector do turismo.

Á hora de elaborar as nosas propostas de portais de turismo seguimos as boas prácticas, e conciliamos no deseño das bases de datos as normas de usabilidade con todo o rigor das ontoloxías e taxonomías internacionais. As nosas claves son:

iconos guia turistica

  • Mostramos a totalidade da oferta turística de forma conxunta e xeoreferenciada (recoñecido como boa práctica). E facémolo a través da integración da api de Google maps cos recursos turísticos xeolocalizados mediante o marcado enformas recoñecidaspolos provedores deprocura principais (Google, Yahoo, Bing...) baixo as directrices do estandar de Schema.org. Melloramos o posicionamento natural e o SEO con técnicas de web semántica.
  • Incorporamos nos títulos do menú e na estrutura visible das bases de datos as palabras crave (keywords), pensando en que a web é multidioma, e cunha taxonomía clara e intuitiva, orientando a estrutura ao posicionamento natural.
  • Respectamos as normas de accesibilidade máis esixentes WAI 2 y os estándares do W3C e facémolos compatibles coa totalidade de navegadores (Explorer, Firefox, Google Chrome, Safari, Opera) Ademais mediante as máis modernas técnicas de linguaxe de marcado e follas de estilo en fervenza (HTML e CCS) podemos dispor de interfaces diferentes para mobilidade, como ipads, tabletas e distintos Smartphone. Implantamos solucións en HTML5 e CSS3.
  • Ofrecemos diferentes sistemas avanzados de medias, módulos de realidade aumentada, de videostreamer, e dispomos de diversas técnicas e módulos de xestión de contidos deseñados por nós para Joomla 2.5 para hoteis, restaurantes, recursos turísticos, vídeos e galerías de imaxes.
  • Clasificamos os recursos turísticos de acordo ás recomendacións xerais de clasificación considerados como boas prácticas diversas normas e recomendacións internacionais xeradas a partir da ISO 18513:2003 e propostas de web semántica, con criterios de armonización e homologación internacional desenvolvidos a partir da Directiva 2006/123/CE do Parlamento Europeo e do Consello, de 12 de decembro de 2006, relativa aos servizos no mercado interior.
  • Os portais son moi adaptables ás necesidades e dan a posibilidade de personalizar a web e xerar contidos diferentes en cada idioma en atención aos distintos perfís e orixe dos turistas.
  • Deseñamos estratexias de promoción turística. Achegamos o asesoramento e a consultoría baseado en anos de experiencia no desenvolvemento de sistemas, plataformas, webs e aplicacións para o sector turístico.

 

 

Media: DVD y NETTV

solutions media

A nosa vinculación co mundo dos medias é a nosa orixe de empresa. Fomos pioneiros no uso do vídeo mpeg fai dez anos para CD, e máis tarde coordinamos a primeira produción de DVD en AC3 e dolby dixital da península. Temos na actualidade máis de 30 referencias de DVD en soporte multidioma, con idiomas como chinés ou xaponés. Este forte lazo co mundo do vídeo, levounos a realizar determinado proxectos de ID relacionados con este soporte, e moi particularmente cos sistemas de streamer de vídeo a partir de soft libre.

Na actualidade temos un sistema de streamer de imaxes no mercado para o estudo cualitativos das audiencias de televisión e propiciamos diversos proxectos de IPTV a partir de RED 5, java e Flex. A nosa optimización dos procesos de compresión e o uso de protocolos lixeiros permítennos ofrecer solucións de Net TV de baixo custo e alta eficiencia técnica. As nosas solucións permiten vídeo con resolucións equivalentes á dun DVD e a pantalla completa cunha simple liña de medio mega, e sen a necesidade de instalación de plugins. Por outra banda, a nosa experiencia no campo de produción e a consultoría convértennos nun bo aliado para a colaboración e implantación de calquera tipo de solución que vincule ao vídeo con Internet.

Mapas e sistemas XIS

solutions sistemas

Deseño e/ou desenvolvemento de mapas XIS.

Levamos máis de 10 anos traballando e desenvolvendo mapas XIS.

Dispomos de solucións XIS moi competitivas. Trátase de solucións open source, de baixo orzamento, que non limitan o números de usuarios, respectuosas coas directrices do Open Geospatial Consortium (OGC) que están contrastadas polo mercado con máis de media ducia de implantacións, case todas feitas para o esixente mercado das administracións publicas. As nosas solucións son moi escalables realizamos desde pequenos XIS, a modo dos chamados Desktop XIS, ou mapas cognitivos de recursos, a plataformas que supón mapas temáticos dunha comunidade autónoma. Usamos mapas vectoriais de carga inmediata, e integramos solucións cartográficas propias coas Apis de Google Maps, ou Yahoo. E somos expertos no uso de diversos nomeclators que nos permiten abordar proxectos onde a toponimia esta suxeita á pluralidade lingüística.

Bonaval desenvolveu para o mercado español numerosas solucións de contornas XIS e CMS para a administración, Xunta de Galicia, Concellos, Deputacións, plans de excelencia turística... entre as que se contan o XIS do sistema de Información horaria da empresa pública de ferrocarrís, FEVE, dependente do Ministerio de Fomento, GALIMAP, XIS de administracións públicas da Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia, o Mapa Tecnolóxico de Galicia, da Consellería de Industria da Xunta de Galicia, e outros Sistemas de contidos sobre Sistemas XIS para proxectos turísticos de España e Portugal (Plans de Excelencia Turística, Proxectos Proder e Lider, e outros).

desenvolvemos un sistema XIS en Flash cando aínda non existía Google Maps. Este desenvolvemento foi utilizado para desenvolver o mapa tecnolóxico da Xunta de Galicia. Na actualidade tamén integramos os mapas en Google Maps para aproveitar o desenvolvemento e actualizacións feitas por Google, pero engadimos iconas personalizadas, información adicional, rutas, áreas, realidade aumentada con Street View... Desenvolvemos sitios e aplicacións web de mapas e XIS coa API 3 de Google Maps, Squema, PHP / MySQL, Google Earth, tecnoloxías AJAX, JQUERY, coas directrices do OpenGIS Project e baseándonos na ISO-3166 para a codificación de países, áreas y divisións. También implantamos compoñentes Joomla para a xestión de mapas XIS.

Aplicacións a medida

solutions aplicaciones

Deseño e desenvolvo web a medida.

Achegamos a tecnoloxía, a nosa experiencia e coñecementos para desenvolver o teu proxecto web á carta. Temos unha dilatada experiencia na realización de aplicacións a medida en campos tan variados como o turismo, a xestión de contidos e de medias, mapas GIS ou a consultoría estatística.

A luz de lle experiencia, aprendemos e sistematizado a aplicación de metodoloxías propias de consultoría de procesos de tipo colaborativa. Mantemos cos nosos clientes reunións no seu centro de traballo e analizamos as necesidades que xorden no día a día na empresa do cliente. Estudamos a solución técnica máis apropiada e no noso diagnóstico valoramos como un elemento crucial a sinxeleza na implantación e o nivel de cualificación das persoas que traballan na empresa.

Gústanos ofrecer solucións orientadas ao usuario, por iso centrámonos en deseños e desenvolvementos de funcionalidades claras, e aínda que as mesmas sexan tecnicamente complexas, sempre procuramos automatizar procesos e que o manexo das aplicacións non requira coñecementos expertos para minimizar a resistencia ao cambio.

Somos especialistas no deseño e desenvolvemento de aplicacións web no complexo ámbito das audiencias de televisión: Caso de éxito: AudímetroTV (Análise de Audiencias de TV)

Solucións orientadas ao cliente

Solucións orientadas ao cliente

En Bonaval desenvolvemos solucións integrais con metodoloxías e ferramentas innovadoras baseadas en soft libre. A nosa experiencia e o coñecemento acumulado pola realización de catro proxectos de I+D permítenos a avaliación de necesidades complexas e dar respostas rápidas na realización de aplicacións a medida. Traballamos en equipo cos nosos clientes, e diriximos o noso esforzo á procura de respostas ás súas necesidades.

F100008299

Non só realizamos aplicacións: ofrecemos solucións.

Aplicacións a medida

Económicas e fiables. Contamos con dez anos de experiencia no desenvolvemento de sistemas expertos e en desenvolvemento de aplicacións a medida a partir de soft libre.

Sistemas XIS

Non ten por que se caro. Dispomos de tecnoloxía para o desenvolvemento de Sistemas de información xeográfica orientados ao turismo e ás administracións públicas.

Media: DVD e NETTV

Máis de 50 referencias en DVD, e varios proxectos de Streamer e IPTV convértennos nunha referencia no sector.

Movilidade: webs y apps

Integramos mensaxería sms/ mms coa navegación web para móbiles e os sistemas de bases de datos.

Turismo: Portais, CRS, ERP

Solucións para o sector turístico.

Sistemas expertos: Audiencias TV

Solucións estatísticas on-line con actualización diaria de datos.

 

 

Continue reading

Servizos

Servizos

BONAVAL ofrece as súas solucións de hospedaxe en servidores compartidos ou dedicados, cun nivel de personalización que nos singulariza no mercado. Os nosos equipos dispón de Seguridade Integral (alimentación redundante, dobre subministración eléctrica, control de temperatura, tele-vixilancia). 
Ofrecemos unha personalizada atención ao cliente, con especialización en solucións avanzadas de outsourcing que inclúen o soporte a aplicacións. Todo iso para que os nosos clientes poden dedicarse ao seu negocio, deixando o resto nas nosas mans.

  • Aloxamento Simple e Avanzado

    Hosting, seguridade, cpanel, joomla, wordpress, custom apps

  • Servidor Virtual

    Escalabilidade

Continue reading

Atención ao cliente

Horario de atención ao cliente xeral:

Días laborais de 9:00 a 17:00 horas.

Horario de verán (do 15 de Xullo ao 15 de setembro) de 9.00 a 15.00 horas.

Horarios de servizo e mantemento por tipo de servizo:

Nos períodos de tempo do horario de mantemento pode haber cortes puntuais nos servizos.

NOME/CÓDIGO DO SERVIZO HORARIO DO SERVIZO HORARIO DE MANTEMENTO PREESTABLECIDO
ALOXAMENTO EN RÉXIME DE HOSTING:

Lugar de almacenamento Web compartido no que os diferentes clientes que utilizan o servizo comparten unha mesma máquina física

9.00-17.00 (de 15 de Xullo a 15 de Setembro 9.00 a 15.00 horas. A partir das 21:00 en laborais ou en Fin de semana
ALOXAMENTO EN RÉXIME DE HOUSING EN SERVIDOR DEDICADO:

Aloxamento dun sitio web, ou unha plataforma de aplicacións en liña nunha ou varias máquinas personalizadas segundo necesidades do cliente

9.00-17.00 (de 15 de Xullo a 15 de Setembro 9.00 a 15.00 horas. Acordar co cliente
ALOXAMENTO EN RÉXIME DE HOUSING EN SERVIDOR VIRTUAL DEDICADO:

Servizo de aloxamento dun sitio web ou dun sistema de información nunha máquina virtual que se destina a un cliente. Desde o punto de vista funcional é un servidor propio do cliente, pero neste caso diferentes máquinas virtuais poden compartir unha máquina física

9.00-17.00 (de 15 de Xullo a 15 de Setembro 9.00 a 15.00 horas. Acordar co cliente

Servizos de ampliación

servicios b

Instalación do Appliance de seguridade e Firewall para housing dedicado.
Instalación do software de base de datos.
Xeración e mantemento de táboas Xestión de usuarios e accesos ás bases de datos.
Monitorización de rendemento da base de datos.
Monitorización de rendemento de aplicacións a medida.
Implantación de Add-ons para a xeración de informes automáticos en formato post script (pdf).
Sistemas de alerta e notificación SMS.
Xestión de contidos.
Dixitalización e publicación de vídeo.
Servizos de vídeo streaming.
Ferramentas de personalización de usuarios.
Paneis de control personalizados.
Optimización e ferramentas de actualización de bases de datos.

Servidor físico dedicado

servicios b

Enténdese por Housing dedicado o servizo de aloxamento dun sitio web, ou unha plataforma de aplicacións en liña nun ou varios que son máquinas personalizados segundo necesidades do cliente.

Niveis de Servizo
Dispoñibilidade dun 95 por cento sobre o horario establecido.
Compromisos de resolución de incidencias de ata 24 horas, en función da urxencia e impacto da incidencia e do tipo da mesma con exclusión de desastres.

Aloxamento e nomes: Máquina ou máquinas físicas. Rexistro de Dominio e xestión de múltiples dominios. Parking de dominios. Administración DNS avanzada.
Disco: ilimitado.
Consumo: ilimitado.
Mail: ilimitado. Web-mail. Add-on: Contas premium 50 euros anos c/u. Web-mail. Antivirus e antispam avanzados.
Hardware: dobres procesadores, fontes redundantes, HD sistema con raid 1 e raid redundante datos, raid 5 segundo necesidades do cliente.
Outras prestacións: Acceso FTP anónimo, Acceso telnet, Servidor DNS BIND 9, SSL de 128 bits, Soporte para CLIENTEs NTP, Seguridad: Contrasinal PAM/Shadow, Xestión do servidor baseada en navegador e interfaces de xestión independentes para cada sitio (SSH). Appliances de servizo á carta
Atención ao CLIENTE: Soporte mediante mail, soporte telefónico 5*8. Emerxencia de primeiro e segundo nivel, e Appliances
Soporte: Incluído na oferta e no seu caso soporte a Appliances.

DESCARGAR SLA ALOXAMENTO CON SERVIDOR DEDICADO

Servidor virtual dedicado

servicios b

Enténdese por Housing mediante servidor virtual o servizo de aloxamento dun sitio web ou dun sistema de información nunha máquina virtual que se destina a un cliente. Desde o punto de vista funcional é un servidor, pero non é neste caso diferentes máquinas virtuais poden compartir unha máquina física.

Niveis de Servizo
Dispoñibilidade dun 95 por cento sobre o horario establecido.
Compromisos de resolución de incidencias de ata 48 horas, en función da urxencia e impacto da incidencia e do tipo da mesma con exclusión de desastres.

Aloxamento: Máquina Virtual, 2x4 procesador, alimentación redundante, HD raid 1.
Nomes: Control de Rexistro de Dominio e xestión de múltiples dominios. Parking de dominios. Administración DNS e Redirección web.
Disco: ata 30 GB.
Consumo: 50 GB
Mail: 150 contas estandar máis 5 premium. Web-mail. Antivirus e antispam avanzados
Add-ons: Contas premium 50 euros anos.
Outras prestacións: Acceso FTP anónimo, Acceso telnet, Servidor DNS BIND 9, SSL de 128 bits, Soporte para CLIENTES NTP
Seguridade: Contrasinal PAM/Shadow, Xestión do servidor baseada en navegador e interfaces de xestión independentes para cada sitio (SSH). Appliances de servizo á carta.
Atención ao CLIENTE: Soporte mediante mail soporte telefónico 5*8. Emerxencias de primeiro e segundo nivel.