Teléfono/Telephone:  0034 986 447 532

  • Bonaval Multimedia - Deseño e desenvolvemento de portales para o sector alimentario y conxelados
  • Bonaval Multimedia - Deseño e desenvolvemento de portais de turismo
  • Bonaval Multimedia - Deseñamos e desenvolvemos os teus apliaciones web a medida
  • Bonaval Multimedia - Desenvolvemento de mapas GIS
  • Bonaval Multimedia - Desenvolvemento de aplicacións web para móbiles
  • Bonaval Multimedia - SEO - Posicionamento en buscadores
  • Bonaval Multimedia - Deseño e desenvolvemento en Joomla

Turismo de Galicia presenta en Vigo un software pioneiro no Estado para mellorar a xestión dos pequenos establecementos turísticos e para compartir datos estatísticos

A ferramenta, que consiste nunha aplicación de xestión de pequenos establecementos hoteleiros, foi deseñada polo Instituto de Estudos Turísticos de Galicia e é gratuíta. Esta mañá, a directora do IET Galicia, Rosanna López Salgueiro, presentou o software aos hostaleiros da provincia de Pontevedra en compañía da xerente da Federación Provincial de Empresarios de Hostelería de Pontevedra, Yolanda Gómez Ambrosio.

Turgalicia presenta a aplicación de Pensións realizada por Bonaval

Turgalicia e o INE consideran a aplicación desenvolvida por Bonaval Multimedia como pioneira en todo o Estado español.

Captura de pantalla da aplicación de xestión hostaleira desenvolvida por Bonaval Multimedia para IET Coa presenza da Secretaria Xeral para o Turismo da Xunta, Carmen Pardo, e a secretaria xeral de Estadísticas de Empresa do Instituto Nacional de Estadística, Elena Rosa Pérez, foi presentada a ERP de Xestión de Pequenos establecementos hostaleiros que realizou Bonaval por encargo do Instituto de Estudios Turísticos de Galicia, recentemente absorbido por Turgalicia.

Bonaval estrea nova cara

WWW.BONAVAL.COM - Desenvolvida con html5 y css3.Bonaval estrea a súa nova fachada virtual. Tras os nosos últimos desenvolvementos e coa experiencia adquirida en novas tecnoloxías decidimos que a nosa principal carta de presentación en Internet sexa un reflexo destas novas capacidades, polo que temos o gusto de presentarvos o deseño da nosa nova web: www.bonaval.com. Rogámosvos que desculpedes a provisionalidade do noso site, pois seguimos en obras, pero esperamos que vos guste o nova formulación de deseño, que esperamos definir como limpo, sinxelo e eficaz.

Novo portal web corporativo de Barlovento Comunicación

Novo portal desenvolvido en Joomla, CMS de última xeración

Novo portal web corporativo de Barlovento ComunicaciónBarlovento Comunicación presenta o seu novo portal web. Barlovento Comunicación é unha consultora audiovisual especializada en estratexia, mercadotecnia integral e comunicación, con atención preferente á análise do mercado televisivo e das audiencias. 

Bonaval prepara o seu programa de xestión turística baixo licenza GPLv3

Gpl-v3A aplicación de xestión turística desenvolvida integramente en Bonaval Multimedia para a xestión das pensións de Galicia por encargo do Instituto de Estudios Turísticos de Galicia, esta sendo agora documentada para preparar a súa distribución a nivel internacional baixo os termos da licenza GPLv3 de “Free Software Foundation”.
Concibida como un mini servidor, esta aplicación, que se pode descargar ou copiar ao computador, practicamente non necesita instalación; tan é así que é posible executala non só no computador senón que se pode traballar con ela en unidades de memoria ou pen drives.

Galicia para el mundo estrea o seu portal web para dispositivos móbiles

Galicia para el mundo no teu móbil

Aplicación web para móbiles de Galicia para el mundoEstréase a versión para móbiles do coñecido e internacional portal web de Galicia para el mundo. A súa publicación semanal dos vídeos do programa de televisión producido por Pórtico Audiovisuales e distribuído por TVE Internacional, chegando con forte impacto a países latino-americanos, alcanza un alto número de visitas semana tras semana.

O portal de mobilidade está deseñado como unha aplicación web con interfaz estilo iPhone e adapta os contidos segundo o dispositivo que os consulta, permitindo practicamente un 100% de compatibilidade para a visualización dos vídeos publicados semanalmente. Ademais permite compartir facilmente grazas á ferramenta de publicación en redes sociais.